{"product_id":"exodo-9788412206722","title":"Éxodo","description":"\u003cp\u003eÉxodo é un libro de relatos que segue a estrutura tripartita do Éxodo bíblico, á vez que desenvolve a semántica do termo. Non só en relación ao contido, pois as narracións mostran historias de fuxida ou emancipación, é dicir, non só evasións físicas e non só, en termos deleuzianos, liñas de escape positivas. Existen liñas de morte, deleómetros. Por outra banda, o éxodo, a partida e o tránsito, tamén afecta á propia semiótica, á linguaxe, ao xénero: de formas máis apegadas ao canon, empapadas do realismo máxico que despregan por veces as historias vitais nas antigas aldeas galegas, camíñase progresivamente cara a desintegración das estruturas clásicas nas narracións, saltando do principio de realidade á imaxinación, porque temos ese dereito esquecido. O texto, fiando só as tramas mediante personaxes que se aparecen como avatares sucesivos, franqueando tempos e espazos, dálle a volta ao calcetín, sinalando, quizais, en escenarios distópicos a posibilidade de devir, ou simplemente a ironía. Tal vez chegue a ser retranca. En calquera caso, altérase o estado, en todas as dimensións nas que modestamente pode un dispositivo semiótico. Ora ben, unha tarefa así require da actividade do pensamento.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eDatos del libro\u003c\/strong\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cul\u003e\n\u003cli\u003e\n\u003cstrong\u003eAutor:\u003c\/strong\u003e Rebeca Baceiredo Pérez\u003c\/li\u003e\n\u003cli\u003e\n\u003cstrong\u003eEditorial:\u003c\/strong\u003e APEIRON\u003c\/li\u003e\n\u003cli\u003e\n\u003cstrong\u003eISBN:\u003c\/strong\u003e 9788412206722\u003c\/li\u003e\n\u003cli\u003e\n\u003cstrong\u003ePáginas:\u003c\/strong\u003e 142\u003c\/li\u003e\n\u003cli\u003e\n\u003cstrong\u003ePublicación:\u003c\/strong\u003e enero de 2020\u003c\/li\u003e\n\u003cli\u003e\n\u003cstrong\u003eEncuadernación:\u003c\/strong\u003e Tapa Blanda\u003c\/li\u003e\n\u003cli\u003e\n\u003cstrong\u003eMedidas:\u003c\/strong\u003e 14 × 22 cm\u003c\/li\u003e\n\u003cli\u003e\n\u003cstrong\u003eIdioma:\u003c\/strong\u003e Español\u003c\/li\u003e\n\u003c\/ul\u003e","brand":"PODIPRINT","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":59501784727887,"sku":"9788412206722","price":14.42,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0923\/9163\/7327\/files\/9788412206722_f_675x675_06f1c021-b9ae-4020-a425-7ebd22f4be59.jpg?v=1794615769","url":"https:\/\/www.linenatura.es\/fr\/products\/exodo-9788412206722","provider":"LINE NATURA","version":"1.0","type":"link"}